O DESTINO É UNHA MULLER VELLA DE DUBROVNIK

paxinasOutro texto que xa me queda algo lonxe e que debo interpretar unicamente como lector. Somos coma libros abertos. Ninguén pode agachar as páxinas de vida e as marcas que deixan sobre o modo en que a boca se torce nun xesto de desprezo. Somos coma libros abertos, mais todos sentimos incomprensión.

Somos libros abertos e só reparamos niso cando alguén máis sabio do que nunca seremos consegue que entendas iso, non tes segredos para ninguén, todos se marcan a lume, cicatrizan sobre a túa fronte e non hai nin culpa nin ocultación posible.

Somos libros abertos e as oportunidades son ríos que pasan. Non nos arrastran, só pasan e nos decidimos ou non impregnar as páxinas con humidade e novas texturas ou permanecemos.

Deixar un comentario